Publicacións

Día escolar da non violencia e da paz

Imaxe

Concurso postais de Nadal

Imaxe
 Un ano máis convocamos en colaboración coa dinamización da lingua galega, o concurso de postais de Nadal. Animádevos a participar, a gañadora ou gañador levará una cesta gastro-cultural para disfrutar nas vacacións ademáis de ver a súa creación na felicitación do nadal do centro. A que esperades?!

Novos libros técnicos das familias profesionais

Imaxe
 Xa temos algúns dos recomendados polos diferentes departamentos das familias profesionais.

Novas incorporacións xénero terror

Imaxe
 Xa tedes dispoñibles na biblio dúas novas incorporacións do xénero de terror: El Cuervo de E. A. Pou en versión ilustrada, unha obriña preciosa, e a Obra completa de H. P. Lovecraft, referente do xénero, divididas en catro volumes.

25 N - Día internacional contra a violencia de xénero: ampliación da biblioteca de Igualdade

Imaxe
 Co motivo da celebración do 25 N aproveitamos para ampliar os fondos da biblioteca con exemplares relacionados coa violencia de xénero; obras que recomendamos ler e disfrutar, xa que aportan diferentes visións e fan reflexionar. Coma sempre, a literatura abre portas.

Morre de medo na Biblio: Samain

Imaxe
 Celebramos o Samain dende a Biblio e a dinamización da Lingua Galega cunha exposición de títulos terroríficos rodeados dun ambiente arrepiante grazas ao alumnado do CM de Confección. No hall da conxerxería montamos un photocall para que toda a comunidade educativa tivera a oportunidade de convertirse en bruxas e bruxos por uns minutiños...

Día das escritoras

Imaxe
DÍA DAS ESCRITORAS "... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo."    Yáñez,  Antía.  Non penses nun elefante rosa . (Xerais, 2022)     O  Día das Escritoras  é unha iniciativa  organizada entre a  Biblioteca Nacional de España , a  Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE)  e a  asociación Clásicas e Modernas , Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de  Asociación Colexial de Escritores  (ACE)e o  Centro Español de Dereitos Reprográficos  (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.   Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro.     "Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mull

Últimas adquisicións

Imaxe
                           

Semana das Letras Galegas

Imaxe
     Con motivo da conmemoración do Día das Letras, este ano dedicado ao autor que dá nome á nosa biblioteca, organizamos unha exposición con todo o material bibliográfico sobre o escritor. Repartimos dossieres encadernados coa súa biografía e obra e animámosvos a lelo. Cartaz orixinal deseñado polo alumno de FP Dual de Panadaría, Darby Joel Cabanillas   Puzzle instalado no Hall principal para anunciar a Exposición de Libros sobre Fco. Fernández del Riego

Fotos Gala Monólogos 2023

Imaxe
Velaquí algunha das imaxes da Gala organizada por 1º CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos para entregar os premios do 3º Concurso de Monólogos organizado pola Biblioteca. Un abarrote de público e moitas risas e diversión. Grazas a tod@s pola vosa participación