Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

AUDIO: Día de Rosalía. O alumnado le textos da poeta

Imaxe
24 de febreiro. Día de Rosalía. Alumnas e alumnos len poemas da nosa grande escritora. Abaixo atoparedes enlaces para ver algúns poemas cantados por Narf, Son Trío e Nao. (Música. Das Kapital, Grecia . Tanxugueiras, Que non mo neguen . Chicharrón, Ondeando . Boyanka Kostova, Muinheira de interior )  Narf. Nas tardes escuras Narf. Amores Cativos Son Trío. Non cantes, non chores Nao. A xustiza pola man

VÍDEO: Cocktail de Sara Estévez inspirado na Antiga Roma

Imaxe
  Excepcional traballo de clase no que se combinan a historia, a hostalería e a creatividade para elaborar un cocktail que Sara, alumna de Dirección de Servizos de Restaurante e Bar chamou "Minerva", como a deusa das artes e a sabiduría. 

AUDIO: Tania Rodríguez Souza di Non á Caza

Imaxe
Lamentamos moito ter perdido o audio deste podcast e resúltanos imposible recuperalo. O ano que vén repetirémolo, con máis ganas.  Tania Rguez Souza, alumna de téxtil, le o manifesto en defensa dos animais abandonados ou torturados ata a morte coa fin de cada tempada de caza, prólogo da xornada reivindicativa europea que terá lugar o 7 de febreiro. (Música Schindler's List de John Williams)