Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

PRÉSTAMO DE LIBRO DIXITAL

Imaxe
A Biblioteca Fco. Fernández del Riego vén de adherirse á plataforma de préstamo de libro dixital da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, E-ELBE.2  O alumnado e o profesorado poden facer uso deste servizo solicitando na biblioteca o seu nome de usuario e contrasinal persoais. Podedes botarlle unha ollada ao catálogo, de máis de 3500 títulos, no seguinte link:                          E-ELBE.2    

Últimas Adquisicións

Imaxe
  Velaquí algúns dos últimos títulos adquiridos pola biblioteca        

AUDIO. 21 de MARZO, DÍA DA POESÍA. 1º CICLO BÁSICO de COCIÑA E RESTAURACIÓN

Imaxe
O alumnado celebra o Día Mundial da Poesía lendo poemas de Bernardino Graña, Castelao, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal Grazas a Juan, Julieta, Marcos, Ruth, Kenia, Lucía, Aitana, Ariana, Paula e Lucía. Grazas á profe Benita García Dacosta por levar a cabo a actividade. Música: Baiuca LIVE FROM APOLO | DIA EUROPEO DE LA MÚSICA 2020

Conferencia-coloquio con África González

Imaxe
  A biblioteca coordenou unha conferencia-coloquio coa prestixiosa inmunóloga África González, o día 9 de marzo. Con ela celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia e o Día Internacional da Muller. Estivo destinada ás familias profesionais de Sanitaria e Química. O Salón de Actos estivo cheo, a charla foi inspiradora e o coloquio co alumnado foi intenso. Tras o acto a científica mantivo unha charla informal co profesorado e visitou os laboratorios e a biblioteca.    

PODCAST "QUE ACONTECE COAS ESTUDANTES". LEIRE TORRES, DO SINDICATO DE ESTUDANTES EN MOVEMENTO

Imaxe
  Leire Torres, a lumna de Operacións de Laboratorio, comenta a nova lei de Educación e a Reforma da FP en tres audios.