Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Xela Airas, escritora homenaxada co Día das Letras Galegas 2021

Imaxe
  A autora de poemarios decisivos coma  Tigres coma cabalos ou Intempériome , fenomenal traductora e anovadora da escena poética, editorial e artística de hai unhas décadas é a figura elixida pola RAG, un chisco ás presas, para celebrar as letras durante o ano entrante. Ven coñecer a súa obra á Biblioteca.

AUDIO: Postal Sonora do alumnado CIFP "Manuel Antonio"

Imaxe
  Esta postal sonora foi elaborada polo noso alumnado, empregando as linguas que aprenderon coas súas familias. Os idiomas que a compoñen son: Galego, Italiano, Castelán, Portugués, Árabe Marroquí, Neerlandés, Flamenco, Polaco, Alemán, Lituano, Berber, Catalán, Inglés, Guaraní, Ruso, Amhárico (Etiopía) e Francés, ademais da Lingua de Signos Venezolana. Celebramos a nosa diversidade cultural. Ademais, emocionounos un chisco. Esperamos que tamén a vós. (Música: Siniestro Total, Miña Terra Galega ).  

Préstamo de libros dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Imaxe
A Rede de Bibliotecas de Galicia abre ao público online todos os fondos dixitalizados das bilbiotecas públicas, incluíndo clásicos e últimas novidades de libros en galego, castelán, portugués, inglés, francés, catalán... ademais de películas.  Se tes o carnet de calquera biblioteca pública, rexístrate aquí  https://rexistro.galiciale.gal/ e coñece o catálogo de préstamo ao teu dispor.  

AUDIO: Yerai Orts, de Química Industrial, axúdanos a descubrir Vigo

Imaxe
  Sabes de onde proceden os nomes das rúas da nosa cidade? Yerai Orts axúdache a coñecer a orixe dalgúns deles. Velaquí a primeira entrega. (Música: Rhome&Verto, Ambiente )