Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

AUDIO: Día Mundial da Poesía. Poemas lidos por alumnas e alumnos

Imaxe
  A paixón pola poesía entre o alumnado volveu quedar de manifesto con ocasión da gravación deste podcast a raíz do Día Mundial da Poesía, Primavera dos Poetas. Os poemas lidos son, por esta orde, de Antón Lopo, José Agustín Goytisolo, Manuel María, Antonio Machado, Kiko Neves, Federico García Lorca. Celso Emilio Ferreiro, José de Espronceda, María Lado e Uxio Novoneyra. (Música: Emilio Cao, Lenda da pedra do destiño).

AUDIO: O Camiño de Santiago na voz do alumnado de Axencias

Imaxe
O presente ano, e excepcionalmente tamén o ano que vén, volven ser anos Xacobeos. Raquel Fdez. Juncal proponnos facer o camiño en inverno.   Diana Buceta analiza a cuncha de vieira como símbolo do peregrino. Finalmente, Laura Fernández proponnos continuar o Camiño desde Compostela ata Fisterra, o Camiño da Fin do Mundo.

AUDIO: 8 Marzo. Manifestación Virtual no Día das Mulleres

Imaxe
  As alumnas do Manuel Antonio reivindican no podcast a fin doutra pandemia, o machismo enfermo e violento. (Música: Mercedes Peón, Mareas Vivas). Convidámosvos a visitar a exposición de libros na árbore da Biblioteca, e a sección de Muller e Igualdade.