Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

AUDIO: English and Coffee +

Imaxe
Renata, alumna de turismo, entrevista en inglés a Grace, a nosa Auxiliar de Conversa, para falar da actividade English & Coffee e das súas impresións de Vigo. (Música: Nordestinas, Camariñas )

AUDIO: Ainara Navarro, exemplo de profesionalidade e motivación

Imaxe
Narración profesional, motivadora e emocionante da gañadora da última edición dos Galicia Skills, na modalidade de Recepción Hoteleira. Moi recomendable para @s futur@s concursant@s. (Música: Fran Pérez Narf, "Nana de Zemambiquo")   

AUDIO: Os recreos máis dóces

Imaxe
  O alumnado de Panadería e Pastelaría vende as súas elaboracións nunha tenda improvisada á entrada da zona de Hostalería.

AUDIO: 25 N. MICROMACHISMOS NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
    Alumnado de todas as familias profesionais do noso centro expresa a súa protesta contra o machismo, micro e macro. (Música: Mónica de Nut, Cántocha de mala ghana ).    Podedes visitar a exposición de libros sobre a loita contra o machismo e a sección sobre Mulleres e Igualdade, na vosa Biblioteca.    

AUDIO: Tania Rodríguez Souza, Mestra da Costura

Imaxe
Tania Rodríguez Souza, alumna de Patronaxe, cóntanos a súa experiencia como participante do programa de TVE, "Maestros de la Costura".   (Música: Rhome&Verto, Ambiente )

Linguas do Mundo

Imaxe
    Es quen de identificar as seguintes 15 linguas? Tés tempo para investigar. Se cres que o tes, enche o formulario coa túa resposta na biblioteca. Faino por entretenimento pero haberá premio sorpresa para a primeira persoa que o consiga.    

AUDIO: A Corentena da nosa Auxiliar de Conversa 2019-2020

Imaxe
      Agora que volvemos estar medio illados, lembramos o audio que a nosa Auxiliar de Conversa do curso pasado, Nicole, gravou para o seu alumnado, describindo a súa vida durante o confinamento, alumnado que logo fixo o propio para practicar o inglés e dárense azos mutuamente.     </

AUDIO: María Soliño e Mónica Salinero presentan CAPPTUS, empresa creada coa axuda do Viveiro do "CIFP MANUEL ANTONIO"

Imaxe
   As alumnas de Turismo, María Soliño e Mónica Salinero, preséntannos o proceso de creación da súa empresa, CAPPTUS.  Un orgullo para o Manuel Antonio. (Música: Tanxugueiras,  Que non mo neguen).