Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

CONCURSO MICRORRELATOS REAL ACADEMIA GALEGA

Imaxe
  Deixámosvos as bases da convocatoria. Os premios para maiores de 18 son fantásticos.

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO: 22 FEBREIRO 2022

Imaxe
   Con motivo da celebración anual do Día de Rosalía, a Biblioteca convoca a comunidade educativa do noso centro a visitar a Casa-Museo da poeta en Padrón, así como algúns dos fitos da Ruta Rosaliana na mesma vila.   

A COCIÑA NOS RECEITARIOS ANTIGOS. Charla do profesor Anxo Soto para o 1º curso do CS Dirección de Cociña, coordenada pola profesora Ana Gómez Mejuto

Imaxe
 O 26 de xaneiro de 2022, o alumnado puido gozar da charla amena do profesor de Hostalería, Anxo Soto, especialista en recetarios de Cociña Antiga, e tirar partido da súa magnífica biblioteca sobre este campo, con volumes fermosísimos e de grande valor histórico.        

30 Xaneiro 2022 Día da Ilustración REIMUNDO PATIÑO

Imaxe
    A Biblioteca creou un álbum sobre o artista, pioneiro do cómic de vangarda, que podes follear na mesa de novidades.  

ALGÚNS DOS ÚLTIMOS TÍTULOS ADQUIRIDOS

Imaxe
                               

AUDIO: AS FRAGAS DO EUME COS OLLOS DE YANIRA MARTÍNEZ OTERO, DE 1º DE AXENCIAS

Imaxe
Un dos espazos naturais máis fermosos e máxicos de Galicia descrito con encanto e emoción      

2º Concurso de Monólogos 2022

Imaxe
  BASES    2º CONCURSO DE MONÓLOGOS “MANUEL ANTONIO” @s concursantes deberán ser alumn@s    no CIFP “Manuel Antonio” de   Vigo no curso 2021-2022. @s concursantes enviarán un vídeo de duración non inferior a 5 minutos nin superior a 10, de tema libre e con data tope de 5 de marzo de 2022 ao enderezo:         biblio.manuel.antonio@gmail.com @s concursantes responsabilízanse de que o contido do vídeo sexa da súa autoría exclusiva, o contrario levaría á exclusión do concurso. Valorarase a orixinalidade e humor do texto e da actuación, a posta en escena e a calidade técnica da imaxe e o son. @s concursantes poderán ser requiridxs pola organización para que remitan o vídeo nun formato diferente se o utilizado non pode visualizarse correctamente. O xurado estará composto polo equipo da biblioteca (1 voto) + 2 profes   + 3 alumnxs do CIFP “Manuel Antonio” O fallo comunicarase aos gañadores e os vídeos poderanse difundir