2º Concurso de Monólogos 2022

![]()
BASES 2º CONCURSO
DE MONÓLOGOS “MANUEL ANTONIO”
- @s concursantes deberán ser alumn@s no CIFP “Manuel Antonio”
de Vigo no curso 2021-2022.
- @s concursantes enviarán un vídeo
de duración non inferior a 5 minutos nin superior a 10, de tema libre e
con data tope de 5 de marzo de 2022 ao enderezo: biblio.manuel.antonio@gmail.com
- @s concursantes responsabilízanse
de que o contido do vídeo sexa da súa autoría exclusiva, o contrario
levaría á exclusión do concurso.
- Valorarase a orixinalidade e
humor do texto e da actuación, a posta en escena e a calidade técnica da
imaxe e o son.
- @s concursantes poderán ser
requiridxs pola organización para que remitan o vídeo nun formato
diferente se o utilizado non pode visualizarse correctamente.
- O xurado estará composto polo
equipo da biblioteca (1 voto) + 2 profes + 3 alumnxs do CIFP “Manuel Antonio”
- O fallo comunicarase aos
gañadores e os vídeos poderanse difundir no blog da biblioteca, remitíndoos
a outros centros ou a medios de comunicación, coa contraprestación do
premio recibido.
- Os premios (todos ou algún
deles) poderán ser declarados desertos se así o estima o xurado.
- Os premios entregaranse no CIFP “Manuel Antonio” en data a determinar. Deberán ser recollidos persoalmente.
Comentarios
Publicar un comentario