Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Día de Rosalía. Mural

Imaxe
          O día 23 de febreiro conmemórase o día da nosa máis grande escritora. Ademais de animarvos a ler as súas obras, este ano, o 2º curso do Ciclo Básico de Tapizaría dirixido pola profesora Lidia Poza, elaborou un espectacular mural de patchwork coa imaxe da autora, que inicialmente será exposto no Hall principal e quedará instalado de maneira permanente na subida á Biblioteca. O Making Of  

Anxo Carracedo. Álbum de fotos

Imaxe
   A realización do evento correu a cargo do 2º curso do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, colaboradores tamén na Gala de Monólogos do curso 2021-2022. A biblioteca quere mostrar o seu agradecemento e loubar a profesionalidade destes mozos e mozas. Botarémolos de menos😔😀💓        Aquí tedes algunhas imaxes do acto:     

O científico Anxo Carracedo no "Manuel Antonio"

Imaxe
                              O día 15 de febreiro de 2023 foi un día grande para o CIFP "Manuel Antonio". O doutor e xenetista, un dos máis prestixiosos a nivel mundial, impartíu unha Ponencia-coloquio dirixida a todos os ciclos das familias profesionais de Sanidade e Química. O auditorio estivo abarrotado de estudantes que escoitaron  as súas experiencias e poideron charlar con el. Podedes ver unha entrevista para a prensa que se gravou a carón do Salón de Actos á saída da conferencia aquí. Anxo Carracedo en Atlántico Diario O acto foi organizado pola biblioteca e o 2º curso do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, coa colaboración dos Departamentos de Sanidade, Química e Hostalería.

Novo programa de xestión da biblioteca

Imaxe
    A biblioteca despide o programa de buscas, préstamos e xestión de fondos que viñamos empregando os últimos anos, Meiga, para substituílo por un novo, Koha. Os usuarios non notaredes o cambio pero agradecemos a vosa comprensión se ao principio nos custa adaptarnos.