O científico Anxo Carracedo no "Manuel Antonio"
O día 15 de febreiro de 2023 foi un día grande para o CIFP "Manuel Antonio". O doutor e xenetista, un dos máis prestixiosos a nivel mundial, impartíu unha Ponencia-coloquio dirixida a todos os ciclos das familias profesionais de Sanidade e Química. O auditorio estivo abarrotado de estudantes que escoitaron as súas experiencias e poideron charlar con el. Podedes ver unha entrevista para a prensa que se gravou a carón do Salón de Actos á saída da conferencia aquí.
Anxo Carracedo en Atlántico Diario
O acto foi organizado pola biblioteca e o 2º curso do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, coa colaboración dos Departamentos de Sanidade, Química e Hostalería.

Comentarios
Publicar un comentario