Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  Onte, 22 de febreiro, na véspera do Día de Rosalía, a biblioteca coordenou unha visita a Padrón na que visitamos a Casa Museo da autora, o Xardín Botánico-Artístico, o Pedrón da Igrexa de Santiago, o río Sar, a Praza de Macías e outros lugares da Ruta Rosaliana. As visitas foron guiadas polos alumnos do CS de Guías e Información Turística, Alexis Lioi e Pedro Davila, que fixeron gala da súa profesionalidade e bo humor tanto durante as explicacións coma nos traslados. Grazas a todos e lamentamos que non poidese acudir todo o alumnado interesado por falta de prazas. O ano que vén máis.     

AUDIO: PARTICIPACIÓN NO DÍA MUNDIAL DA RADIO

Imaxe
          A Biblioteca do CIFP "Manuel Antonio" participou na celebración do Día Mundial da Radio, organizado por Escolas nas Ondas, co podcast de Yanira Martínez Otero, do C.S. de Axencias de Viaxes sobre as "Fragas do Eume". Podcast "As Fragas do Eume"

1º CONGRESO DE MICROBIOLOXÍA NO MANUEL ANTONIO

Imaxe
  As profesoras Ivana Mª Rivas Pérez e Isabel Valcarcel Toscano, do Departamento de Química, coordenaron esta actividade co C.M. de Operacións de Laboratorio. Na práctica simuláronse a organización e as ponencias dun congreso real. Tivo lugar na Biblioteca o 11 de febreiro do 2022.