O mércores 27 de abril celebramos a Gala de Entrega de Premios. Proclamaranse @s gañadores e haberá teatro, música, moito humor e emoción a mans cheas. Estades convidad@s.
Sergio, alumno de Xestión de Aloxamentos Turísticos, relátanos como se proclamou campión do Spain Skills na modalidade de Recepción Hoteleira. Agora representará ao Estado e ao CIFP Manuel Antonio na competición europea. A súa expereincia pode servir de orientación e inspiración para futuros concursantes. Noraboa a el e a Roi Álvarez, o seu titor.
Chegou a hora. Aquí podedes ver os vídeos finalistas da 2ª edición do Concurso de Monólogos. Os gañadores anunciaranse na Gala de Entrega de Premios que terá lugar o día 27 de abril de 2022, ás 12:00 h, no Salón de Actos, organizada polo alumnado de 1º do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos. Ide pensando cal é o voso favorito ou favorita. Por orde: Román, Adrián, Diana e Nuria.
A Biblioteca Fco. Fernández del Riego vén de adherirse á plataforma de préstamo de libro dixital da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, E-ELBE.2 O alumnado e o profesorado poden facer uso deste servizo solicitando na biblioteca o seu nome de usuario e contrasinal persoais. Podedes botarlle unha ollada ao catálogo, de máis de 3500 títulos, no seguinte link: E-ELBE.2
O alumnado celebra o Día Mundial da Poesía lendo poemas de Bernardino Graña, Castelao, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal Grazas a Juan, Julieta, Marcos, Ruth, Kenia, Lucía, Aitana, Ariana, Paula e Lucía. Grazas á profe Benita García Dacosta por levar a cabo a actividade. Música: Baiuca LIVE FROM APOLO | DIA EUROPEO DE LA MÚSICA 2020
A biblioteca coordenou unha conferencia-coloquio coa prestixiosa inmunóloga África González, o día 9 de marzo. Con ela celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia e o Día Internacional da Muller. Estivo destinada ás familias profesionais de Sanitaria e Química. O Salón de Actos estivo cheo, a charla foi inspiradora e o coloquio co alumnado foi intenso. Tras o acto a científica mantivo unha charla informal co profesorado e visitou os laboratorios e a biblioteca.
Onte, 22 de febreiro, na véspera do Día de Rosalía, a biblioteca coordenou unha visita a Padrón na que visitamos a Casa Museo da autora, o Xardín Botánico-Artístico, o Pedrón da Igrexa de Santiago, o río Sar, a Praza de Macías e outros lugares da Ruta Rosaliana. As visitas foron guiadas polos alumnos do CS de Guías e Información Turística, Alexis Lioi e Pedro Davila, que fixeron gala da súa profesionalidade e bo humor tanto durante as explicacións coma nos traslados. Grazas a todos e lamentamos que non poidese acudir todo o alumnado interesado por falta de prazas. O ano que vén máis.
A Biblioteca do CIFP "Manuel Antonio" participou na celebración do Día Mundial da Radio, organizado por Escolas nas Ondas, co podcast de Yanira Martínez Otero, do C.S. de Axencias de Viaxes sobre as "Fragas do Eume". Podcast "As Fragas do Eume"