Publicacións

Préstamo de Libro Dixital

Imaxe
   Volve o servizo de préstamo de libros dixitais.    Solicita o teu nome de usuario e contrasinal na biblioteca.   

Últimas Adquisicións

Imaxe
   

Últimas Adquisicións Familias Profesionais

Imaxe
Familias Profesionais

2º Obradoiro de Ilustración e Deseño Gráfico

Imaxe
  O día 20 de outubro, visitaranos o deseñador profesional Alberto Argüelles, para impartir unha masterclass, seguida dun obradoiro práctico. Será ás 15:30 na Aula de Idiomas  

VÍDEO: SHEILA E MARÍA, MEDALLA DE BRONCE EN GALICIENCIA

Imaxe
       Velaquí o resultado da investigación científica de Sheila Piedras e María Vázquez, alumnas do CS de Química e Saúde Ambiental coordenadas pola profesora Marta Rodríguez Quiroga, un bioplástico de úsos múltiples que lles valeu a medalla de bronce na edición de Galiciencia deste ano. Noraboa! Que nivelazo! O BIOPLÁSTICO DO CIFP MANUEL ANTONIO  

CHARLA SOBRE A ESCLEROSE MÚLTIPLE. INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Imaxe
       O departamento de Industrias Alimentarias organizou no espazo de conferencias da Biblioteca esta actividade de información e concienciación en colaboración coa asociación AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple). Paralelamente, os ingresos íntegros do Punto de Venda dese día foron destinados ao Proxecto M1 de investigación sobre a esclerose múltiple. A actividade tivo lugar o día 25 de maio e tamén asistíu alumnado de Próteses.      

XORNADA INNOVA

Imaxe
O día 12 de maio celebrouse na biblioteca a "Xornada Innova", na que o centro deu a coñecer os proxectos de innovación pedagóxica e tecnolóxica desenvolvidos no CIFP "Manuel Antonio".

AUDIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. LECTURA DE POEMAS DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Imaxe
   Dentro do programa de actividades da Biblioteca, que inclúe o Deseño dun cartaz pola alumna Aitiana Bao Rodríguez  ... unha exposición da Hª do Día das Letras a través de libros de tod@s @s premiad@s, xogos orixinais, online e físicos, deseñados pola biblioteca: QUERES SER MILLONARIO?   JEOPARDY DAS LETRAS GALEGAS   Hoxe sumamos unha lectura de poemas do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, a cargo da clase de 1º do CB de Tapizaría, coordenados pola profesora Marina Vicente.

IGUALDADE. ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS

Imaxe
A sección de Igualdade, das máis demandadas, enriqueceuse estes días con novos títulos. Velaquí algúns deles          

VIDEO DA GALA DO CONCURSO DE MONÓLOGOS

Imaxe
Xa están aquí!!  Os vídeos da espectacular Gala de Premios do 2º Concurso de Monólogos organizado pola Biblioteca do CIFP Manuel Antonio. Noraboa ás premiadas e premiados e agradecemento sen límites para o grupo de 1º do C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, esta é a súa Gala e deixan o listón polas nubes. Grazas tamén aos artistas participantes de 1º CS de Guías e 1º CB de Tapizaría, ademais da colaboración especial de Grace Maloney. Así dá gusto. A Gala completa vai en varios vídeos.