Convocada a 3ª edición do concurso de monólogos. Bases
Ábrese o prazo para a nosa actividade favorita. Sacade o humor que levades dentro.

![]()
BASES 3º CONCURSO DE MONÓLOGOS “MANUEL ANTONIO”
1. @s concursantes deberán cursar estudos no CIFP “Manuel Antonio” de Vigo no curso 2022-2023.
2. @s concursantes enviarán un vídeo de duración non inferior a 5 minutos nin superior a 9, de tema libre e con data tope de 28 de febreiro de 2022 ao enderezo: biblio.manuel.antonio@gmail.com
3. @s concursantes responsabilízanse de que o contido do vídeo sexa da súa autoría exclusiva, o contrario levaría á exclusión do concurso.
4. Valorarase a orixinalidade e humor do texto e da actuación, a posta en escena e a calidade técnica da imaxe e o son.
5. @s concursantes poderán ser requiridxs pola organización para que remitan o vídeo nun formato diferente se o utilizado non pode visualizarse correctamente.
6. O xurado estará composto polo equipo da biblioteca (1 voto) + 2 profes + 3 alumnxs do CIFP “Manuel Antonio”
7. O fallo comunicarase aos gañadores e os vídeos poderanse difundir no blog da biblioteca, remitíndoos a outros centros ou a medios de comunicación, coa contraprestación do premio recibido.
8. Os premios (todos ou algún deles) poderán ser declarados desertos se así o estima o xurado.
9. Os premios entregaranse no CIFP “Manuel Antonio” en data a determinar. Deberán ser recollidos persoalmente.

Comentarios
Publicar un comentario