Publicacións

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  Onte, 22 de febreiro, na véspera do Día de Rosalía, a biblioteca coordenou unha visita a Padrón na que visitamos a Casa Museo da autora, o Xardín Botánico-Artístico, o Pedrón da Igrexa de Santiago, o río Sar, a Praza de Macías e outros lugares da Ruta Rosaliana. As visitas foron guiadas polos alumnos do CS de Guías e Información Turística, Alexis Lioi e Pedro Davila, que fixeron gala da súa profesionalidade e bo humor tanto durante as explicacións coma nos traslados. Grazas a todos e lamentamos que non poidese acudir todo o alumnado interesado por falta de prazas. O ano que vén máis.     

AUDIO: PARTICIPACIÓN NO DÍA MUNDIAL DA RADIO

Imaxe
          A Biblioteca do CIFP "Manuel Antonio" participou na celebración do Día Mundial da Radio, organizado por Escolas nas Ondas, co podcast de Yanira Martínez Otero, do C.S. de Axencias de Viaxes sobre as "Fragas do Eume". Podcast "As Fragas do Eume"

1º CONGRESO DE MICROBIOLOXÍA NO MANUEL ANTONIO

Imaxe
  As profesoras Ivana Mª Rivas Pérez e Isabel Valcarcel Toscano, do Departamento de Química, coordenaron esta actividade co C.M. de Operacións de Laboratorio. Na práctica simuláronse a organización e as ponencias dun congreso real. Tivo lugar na Biblioteca o 11 de febreiro do 2022. 

CONCURSO MICRORRELATOS REAL ACADEMIA GALEGA

Imaxe
  Deixámosvos as bases da convocatoria. Os premios para maiores de 18 son fantásticos.

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO: 22 FEBREIRO 2022

Imaxe
   Con motivo da celebración anual do Día de Rosalía, a Biblioteca convoca a comunidade educativa do noso centro a visitar a Casa-Museo da poeta en Padrón, así como algúns dos fitos da Ruta Rosaliana na mesma vila.   

A COCIÑA NOS RECEITARIOS ANTIGOS. Charla do profesor Anxo Soto para o 1º curso do CS Dirección de Cociña, coordenada pola profesora Ana Gómez Mejuto

Imaxe
 O 26 de xaneiro de 2022, o alumnado puido gozar da charla amena do profesor de Hostalería, Anxo Soto, especialista en recetarios de Cociña Antiga, e tirar partido da súa magnífica biblioteca sobre este campo, con volumes fermosísimos e de grande valor histórico.        

30 Xaneiro 2022 Día da Ilustración REIMUNDO PATIÑO

Imaxe
    A Biblioteca creou un álbum sobre o artista, pioneiro do cómic de vangarda, que podes follear na mesa de novidades.  

ALGÚNS DOS ÚLTIMOS TÍTULOS ADQUIRIDOS

Imaxe
                               

AUDIO: AS FRAGAS DO EUME COS OLLOS DE YANIRA MARTÍNEZ OTERO, DE 1º DE AXENCIAS

Imaxe
Un dos espazos naturais máis fermosos e máxicos de Galicia descrito con encanto e emoción      

2º Concurso de Monólogos 2022

Imaxe
  BASES    2º CONCURSO DE MONÓLOGOS “MANUEL ANTONIO” @s concursantes deberán ser alumn@s    no CIFP “Manuel Antonio” de   Vigo no curso 2021-2022. @s concursantes enviarán un vídeo de duración non inferior a 5 minutos nin superior a 10, de tema libre e con data tope de 5 de marzo de 2022 ao enderezo:         biblio.manuel.antonio@gmail.com @s concursantes responsabilízanse de que o contido do vídeo sexa da súa autoría exclusiva, o contrario levaría á exclusión do concurso. Valorarase a orixinalidade e humor do texto e da actuación, a posta en escena e a calidade técnica da imaxe e o son. @s concursantes poderán ser requiridxs pola organización para que remitan o vídeo nun formato diferente se o utilizado non pode visualizarse correctamente. O xurado estará composto polo equipo da biblioteca (1 voto) + 2 profes   + 3 alumnxs do CIFP “Manuel Antonio” O...