Publicacións

Día de Rosalía. Mural

Imaxe
          O día 23 de febreiro conmemórase o día da nosa máis grande escritora. Ademais de animarvos a ler as súas obras, este ano, o 2º curso do Ciclo Básico de Tapizaría dirixido pola profesora Lidia Poza, elaborou un espectacular mural de patchwork coa imaxe da autora, que inicialmente será exposto no Hall principal e quedará instalado de maneira permanente na subida á Biblioteca. O Making Of  

Anxo Carracedo. Álbum de fotos

Imaxe
   A realización do evento correu a cargo do 2º curso do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, colaboradores tamén na Gala de Monólogos do curso 2021-2022. A biblioteca quere mostrar o seu agradecemento e loubar a profesionalidade destes mozos e mozas. Botarémolos de menos😔😀💓        Aquí tedes algunhas imaxes do acto:     

O científico Anxo Carracedo no "Manuel Antonio"

Imaxe
                              O día 15 de febreiro de 2023 foi un día grande para o CIFP "Manuel Antonio". O doutor e xenetista, un dos máis prestixiosos a nivel mundial, impartíu unha Ponencia-coloquio dirixida a todos os ciclos das familias profesionais de Sanidade e Química. O auditorio estivo abarrotado de estudantes que escoitaron  as súas experiencias e poideron charlar con el. Podedes ver unha entrevista para a prensa que se gravou a carón do Salón de Actos á saída da conferencia aquí. Anxo Carracedo en Atlántico Diario O acto foi organizado pola biblioteca e o 2º curso do CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, coa colaboración dos Departamentos de Sanidade, Química e Hostalería.

Novo programa de xestión da biblioteca

Imaxe
    A biblioteca despide o programa de buscas, préstamos e xestión de fondos que viñamos empregando os últimos anos, Meiga, para substituílo por un novo, Koha. Os usuarios non notaredes o cambio pero agradecemos a vosa comprensión se ao principio nos custa adaptarnos.  

Orgullo de inverno. Adquisicións para a sección de Feminismo e dereitos LGTBIQ

Imaxe
       Dentro das xornadas "Orgullo de inverno", organizadas pola Comisión de Igualdade, a biblioteca adquiríu novos fondos bibliográficos para a súa sección de Igualdade, das máis demandadas. Algunhas destas publicacións son as seguintes.  

O escritor Manuel Esteban visita o Club de Lectura

Imaxe
 O xoves 2 de febreiro, ás 15:20 na Biblioteca, o escritor e compañeiro Manuel Esteban falará sobre a súa novela, A vinganza dos homes bos. A obra enmárcase no Club de Lectura "De catro a catro" pero estades tod@s convidad@s a charlar de literatura co autor.

Convocada a 3ª edición do concurso de monólogos. Bases

Imaxe
 Ábrese o prazo para a nosa actividade favorita. Sacade o humor que levades dentro. BASES    3º CONCURSO DE MONÓLOGOS “MANUEL ANTONIO” 1.      @s concursantes deberán cursar estudos   no CIFP “Manuel Antonio” de   Vigo no curso 2022-2023. 2.      @s concursantes enviarán un vídeo de duración non inferior a 5 minutos nin superior a 9, de tema libre e con data tope de 28 de febreiro de 2022 ao enderezo:         biblio.manuel.antonio@gmail.com 3.      @s concursantes responsabilízanse de que o contido do vídeo sexa da súa autoría exclusiva, o contrario levaría á exclusión do concurso. 4.      Valorarase a orixinalidade e humor do texto e da actuación, a posta en escena e a calidade técnica da imaxe e o son. 5.      @s concursantes poderán ser requiridxs pola organización para que remitan o vídeo nun formato diferente...

Comezou o club de lectura

Imaxe
    O 12 de xaneiro tivemos a nosa primeira reunión. Alí debatemos, creamos un grupo de whatsapp para comunicármonos e decidimos que a nos primeira lectura vai ser.       No seu momento contaremos coa presenza do autor para charlar sobre a súa obra    

CONCURSO "DESEÑA A MASCOTA DA BIBLIOTECA" PROCLAMACIÓN DA PROPOSTA GAÑADORA

Imaxe
  A BIBLIOTECA MANIFESTA O DIFÍCIL DA DECISIÓN, DADA A CANTIDADE E A CUALIDADE DAS PROPOSTAS PRESENTADAS.   PARABÉNS A TODAS E TODOS!!              1º PREMIO, QUE SE CONVERTIRÁ NA MASCOTA DO CIFP "MANUEL ANTONIO", TAMÉN EN FORMATO FÍSICO, GRAZAS AO ALUMNADO DO CICLO BÁSICO DE TAPIZARÍA COORDENADO POLA PROFESORA LIDIA POZA.   Deseño de Adolfo Dacal, 1º do CS de Patronaxe e Moda        2º premio   Deseño de Simone Bassi. 1º do CS de Servizos de Restaurante e Bar.     3º clasificado. Ex-aequo       Deseño de Marco André Comesaña, 1º ZM de Confección e Moda             Deseño de Leo Oya, 1º CS de Guías e Información Turística            

Préstamo de Libro Dixital

Imaxe
   Volve o servizo de préstamo de libros dixitais.    Solicita o teu nome de usuario e contrasinal na biblioteca.